jueves, 26 de noviembre de 2020

martes, 24 de noviembre de 2020

ANIVERSARIOS

 CELEBRAMOS COA NOSA FANTÁSTICA ALBA, E A NOSA LOBIÑA CARLA, QUE XA TEÑEN 5 ANOS.

MOITOS PARABÉNS!!








lunes, 23 de noviembre de 2020

SEMANA DA CIENCIA

 Para celebrar a semana da ciencia, todo o cole nos convertemos en científicos e científicas.

En infantil, as profes Sonia e Mari, foron as científicas, que nos ensinaron a todos/as como selo.

Despois de superar a proba para ser científicos e científicas, conseguimos a nosa acreditación, que nos permitiu entrar no laboratorio, e facer dous experimentos para investigar  como actúan os virus.




.                            

EXPERIMENTO 1:

Que pasa, cando os virus entran en contacto con xabón?

Para facer este experimento, botamos nun plato auga. A continuación, espolvoreamos a auga con pementa. Por último, comprobamos que pasa se metemos un dedo limpo nesta mestura,  e tamén, que pasa cando metemos un dedo cunha gota de xabón.








EXPERIMENTO 2:

Fixémolo, para comprobar algunhas hipóteses, a través dun rexistro temporal, sobre que pode pasar,cando:

-1 metemos nunha bolsa, un anaco de pan sen que entre en contacto coas nosas mans.

-2 cando  o anaco de pan, o metemos estando en contacto coas nosas mans limpas (lavadas con xabón).

 -3 cando  metemos o pan na bolsa, despois de estar en  contacto coas nosas mans sucias.









miércoles, 18 de noviembre de 2020

martes, 17 de noviembre de 2020

martes, 10 de noviembre de 2020

BENVID@S AO BOGUE D@S LOB@SFANTÁSTIC@S






Dámosvos a benvida ao novo blogue de 6º de infantil, os: “lobosfantásticos”. Chamámonos así, porque, por consenso e votación, a clase de 6ª A decidimos chamarnos os fantásticos/as, e a clase de 6ºB, os lob@s.

O nome dos fantásticos/as, decidímolo, porque facemos cousas fantásticas no noso día a día, para mellorar as relacións, a convivencia, o benestar de todos/as, a saúde, etc, como: respetar as normas, escoitar cando alguén falar, loitar contra o coronavirus lavando as mans, mantendo a distancia, e poñendo as máscaras.

O nome dos lobos/as, decidímolo, porque un compañeiro compartiu con nós a súa experiencia no Courel, onde coñeceu a historia e a vida dos lobos, e o seu perigo de desaparición. Tod@s, empatizamos con estes cánidos, e queremos, cos valores que nos caracterizan, unirnos na súa defensa.

Como as dúas clases, estamos unidas, e nos complementamos, tamén unimos os nosos nomes de forma complementaria . Así, 6º de infantil, identificámonos como “lob@sfantástic@s”. Como unha “manada” que comparte o día a día xunta, disfrutando, coidándose e respetándose.


Ós/ás lob@sfantástic@s, gústannos moito as celebracións, e no que levamos de curso, adaptándonos as novas circunstancias, comezamos celebrando: aniversarios, magosto, Samaín,  e o día da biblioteca.


DÍA DA BIBLIOTECA


Que ledos estamos!

 Chegou a nosa amiga Brillantina ao cole!

Chegou xusto a tempo, para celebrar o día da biblioteca. E coma sempre, tan detallista, tróuxonos uns valiosos, fermosos, divertidos... tesouros para todas as clases:

LOTES DE LIBROS!











SAMAÍN


ESTE SAMAÍN, MOITAS CARAS DE SUSTO PARA ESPANTAR AO VIRUS.










https://youtu.be/hZsCXM3apuM


                               

 


MAGOSTO


Este ano, fixemos un magosto para degustar o mellor antídoto contra o coronavirus: " As castañas Coronavirus"





ANIVERSARIO

                     

Moitos parabéns para tod@s @s que celebrástedes o voso 5º aniversario.