martes, 10 de noviembre de 2020

BENVID@S AO BOGUE D@S LOB@SFANTÁSTIC@S






Dámosvos a benvida ao novo blogue de 6º de infantil, os: “lobosfantásticos”. Chamámonos así, porque, por consenso e votación, a clase de 6ª A decidimos chamarnos os fantásticos/as, e a clase de 6ºB, os lob@s.

O nome dos fantásticos/as, decidímolo, porque facemos cousas fantásticas no noso día a día, para mellorar as relacións, a convivencia, o benestar de todos/as, a saúde, etc, como: respetar as normas, escoitar cando alguén falar, loitar contra o coronavirus lavando as mans, mantendo a distancia, e poñendo as máscaras.

O nome dos lobos/as, decidímolo, porque un compañeiro compartiu con nós a súa experiencia no Courel, onde coñeceu a historia e a vida dos lobos, e o seu perigo de desaparición. Tod@s, empatizamos con estes cánidos, e queremos, cos valores que nos caracterizan, unirnos na súa defensa.

Como as dúas clases, estamos unidas, e nos complementamos, tamén unimos os nosos nomes de forma complementaria . Así, 6º de infantil, identificámonos como “lob@sfantástic@s”. Como unha “manada” que comparte o día a día xunta, disfrutando, coidándose e respetándose.


Ós/ás lob@sfantástic@s, gústannos moito as celebracións, e no que levamos de curso, adaptándonos as novas circunstancias, comezamos celebrando: aniversarios, magosto, Samaín,  e o día da biblioteca.


1 comentario: