viernes, 29 de enero de 2021

DÍA DA PAZ

 Mañán día 30 de xaneiro, é o día da paz. Hoxe  celebrámolo no cole, facendo unha pócema da paz.

Durante toda a semana, ao final de cada día, entre tod@s reflexionamos sobre que cousas fixéramos ou sucederan na clase, que contribuÍran a que nos sentiramos ben, a que a convivencia fose máis tranquila, agradable, amable, nos respetásemos mellor, etc.

De toda a reflexión, cada día, escollemos un ingrediente para a nosa pócema.

O último día, de entre todos os ingredientes, escollemos, o que nos pareceu máis rerpresentativo, a través dunha votación. Fixemos un cartel, para representar a nosa decisión, e podela engadir, a pota da pócema, coa dos demáis compañeir@s do cole.

O ingrediente que a clase dos fantástic@s  engadimos foi: GRAZAS

E o ingrediente que engadiu a clase dos lobos, foi: CORAZÓN

Por turnos, cada clase, fomos a onde estaba a pota, e engadimos o noso ingrediente, facendo o ritual que cada grupo preparou.

Finalmente, cando todo o cole engadiu todos os seus ingredientes, conseguimos facer a PÓCEMA DA PAZ DO CEIP DE PORTONOVO, que bebemos nas nosas clases.

                                    ¡¡TIÑA SABOR A PIÑA!!

 


           
 

             

            

          



          

          

          

         

         



       

     

    



martes, 12 de enero de 2021

ANIVERSARIOS


 Celebramos cos nosos lobos fantásticos, Simón e André que xa teñen 6 anos.

MOITOS PARABÉNS!









viernes, 8 de enero de 2021

ANIVERSARIO

 Celebramos coa nosa lobiña Zoe e o noso lobiño Áxel que xa teñen 6 anos.

                                                        MOITOS PARABÉNS¡¡¡¡