Para celebrar a semana da ciencia, todo o cole nos convertemos en científicos e científicas.
En infantil, as profes Sonia e Mari, foron as científicas, que nos ensinaron a todos/as como selo.
Despois de superar a proba para ser científicos e científicas, conseguimos a nosa acreditación, que nos permitiu entrar no laboratorio, e facer dous experimentos para investigar como actúan os virus.
.
EXPERIMENTO 1:
Que pasa, cando os virus entran en contacto con xabón?
Para facer este experimento, botamos nun plato auga. A continuación, espolvoreamos a auga con pementa. Por último, comprobamos que pasa se metemos un dedo limpo nesta mestura, e tamén, que pasa cando metemos un dedo cunha gota de xabón.
EXPERIMENTO 2:
Fixémolo, para comprobar algunhas hipóteses, a través dun rexistro temporal, sobre que pode pasar,cando:
-1 metemos nunha bolsa, un anaco de pan sen que entre en contacto coas nosas mans.
-2 cando o anaco de pan, o metemos estando en contacto coas nosas mans limpas (lavadas con xabón).
-3 cando metemos o pan na bolsa, despois de estar en contacto coas nosas mans sucias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario