CELEBRAMOS COA NOSA LOBIÑA MARÍA JUSTO, QUE XA TEN 5 ANOS.
MOITOS PARABÉNS!!!!!!!
Para celebrar a semana da ciencia, todo o cole nos convertemos en científicos e científicas.
En infantil, as profes Sonia e Mari, foron as científicas, que nos ensinaron a todos/as como selo.
Despois de superar a proba para ser científicos e científicas, conseguimos a nosa acreditación, que nos permitiu entrar no laboratorio, e facer dous experimentos para investigar como actúan os virus.
.
EXPERIMENTO 1:
Que pasa, cando os virus entran en contacto con xabón?
Para facer este experimento, botamos nun plato auga. A continuación, espolvoreamos a auga con pementa. Por último, comprobamos que pasa se metemos un dedo limpo nesta mestura, e tamén, que pasa cando metemos un dedo cunha gota de xabón.
EXPERIMENTO 2:
Fixémolo, para comprobar algunhas hipóteses, a través dun rexistro temporal, sobre que pode pasar,cando:
-1 metemos nunha bolsa, un anaco de pan sen que entre en contacto coas nosas mans.
-2 cando o anaco de pan, o metemos estando en contacto coas nosas mans limpas (lavadas con xabón).
-3 cando metemos o pan na bolsa, despois de estar en contacto coas nosas mans sucias.
PARA CELEBRAR TODOS OS ANIVERSARIOS BAILAMOS E CANTAMOS AO RITMO DA CANCIÓN DE UXÍA LAMBONA "PARABÉNS"
https://www.youtube.com/watch?v=hFCmWt0jlsw
Dámosvos a benvida ao novo blogue de 6º de infantil, os: “lobosfantásticos”. Chamámonos así, porque, por consenso e votación, a clase de 6ª A decidimos chamarnos os fantásticos/as, e a clase de 6ºB, os lob@s.
O nome dos fantásticos/as, decidímolo, porque facemos cousas fantásticas no noso día a día, para mellorar as relacións, a convivencia, o benestar de todos/as, a saúde, etc, como: respetar as normas, escoitar cando alguén falar, loitar contra o coronavirus lavando as mans, mantendo a distancia, e poñendo as máscaras.
O nome dos lobos/as, decidímolo, porque un compañeiro compartiu con nós a súa experiencia no Courel, onde coñeceu a historia e a vida dos lobos, e o seu perigo de desaparición. Tod@s, empatizamos con estes cánidos, e queremos, cos valores que nos caracterizan, unirnos na súa defensa.
Como as dúas clases, estamos unidas, e nos complementamos, tamén unimos os nosos nomes de forma complementaria . Así, 6º de infantil, identificámonos como “lob@sfantástic@s”. Como unha “manada” que comparte o día a día xunta, disfrutando, coidándose e respetándose.
Ós/ás lob@sfantástic@s, gústannos moito as celebracións, e no que levamos de curso, adaptándonos as novas circunstancias, comezamos celebrando: aniversarios, magosto, Samaín, e o día da biblioteca.
Que ledos estamos!
Chegou a nosa amiga Brillantina ao cole!
Chegou xusto a tempo, para celebrar o día da biblioteca. E coma sempre, tan detallista, tróuxonos uns valiosos, fermosos, divertidos... tesouros para todas as clases:
LOTES DE LIBROS!
Este ano, fixemos un magosto para degustar o mellor antídoto contra o coronavirus: " As castañas Coronavirus"