Mañán día 30 de xaneiro, é o día da paz. Hoxe celebrámolo no cole, facendo unha pócema da paz.
Durante toda a semana, ao final de cada día, entre tod@s reflexionamos sobre que cousas fixéramos ou sucederan na clase, que contribuÍran a que nos sentiramos ben, a que a convivencia fose máis tranquila, agradable, amable, nos respetásemos mellor, etc.
De toda a reflexión, cada día, escollemos un ingrediente para a nosa pócema.
O último día, de entre todos os ingredientes, escollemos, o que nos pareceu máis rerpresentativo, a través dunha votación. Fixemos un cartel, para representar a nosa decisión, e podela engadir, a pota da pócema, coa dos demáis compañeir@s do cole.
O ingrediente que a clase dos fantástic@s engadimos foi: GRAZAS
E o ingrediente que engadiu a clase dos lobos, foi: CORAZÓN
Por turnos, cada clase, fomos a onde estaba a pota, e engadimos o noso ingrediente, facendo o ritual que cada grupo preparou.
Finalmente, cando todo o cole engadiu todos os seus ingredientes, conseguimos facer a PÓCEMA DA PAZ DO CEIP DE PORTONOVO, que bebemos nas nosas clases.
¡¡TIÑA SABOR A PIÑA!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario